Loom: Pixel art antes do pixel art

Estamos en 1990. Un ano despois de que Lucasarts lanzara a súa adaptación de Indiana Jones e a Última Cruzada, e o mesmo ano no cal sairía a primeira entrega de Monkey Island. Unha época brillante para as aventuras gráficas, e no cal sairía á luz unha das máis máxicas que o mundo dos videoxogos nos deu ata agora. Brian Moriarty levaría a cabo, empregando o motor SCUMM, a súa obra mestra con permiso de The Dig, e titularíaa co nome de Loom.