Salad Fingers

Salad Fingers: Flash, cousas oxidadas e terror surrealista

Cando en 2004 David Firth subía a Internet o primeiro episodio de Salad Fingers, pouco podía espera en que se convertise no que chegou a ser. Era un momento no cal aínda non existía YouTube, nin estaba totalmente desenvolvido o mundo das webseries. Hoxe, 9 episodios despois daquel primeiro, a serie conta con millóns de visitas (contando só YouTube, falamos duns 30 millóns no epsodio 1) e sen embargo a animación en Flash xa está case desaparecida, quedando xoias coma esta para lembrar aquela época.