A Bird Story: Tiña un paxariño moi bonito…

Unha historia pequeniña, moi sinxela e moi honesta, que non fai outra cousa que guiarnos por ese camiño xa percorrido de neno que atopa un paxaro ferido, cúrao, e descobre nel a amizade. Todo, cunha banda sonora tristona e unha narrativa sen diálogos que pretende coller forza pola mestura de dita música cun apartado visual de aire pixel art, con resonancia a xogos de rol antigos e un certo aire de anime.