Pandemic Legacy ou como crear experiencias de xogo significativas

Pandemic Legacy: Season 1 (Devir, 2015) é un xogo cooperativo para catro xogadores, no cal deberase evitar a expansión de catro cepas de virus que ameazan con acabar coa vida sobre o planeta.

Este xogo recolle as mecánicas do seu antecesor, Pandemia (Devir, 2008), pero nun modo campaña que convirte o xogo nunha experiencia única. Neste punto, debemos indicar que o modo Legacy nace no 2011, cando aparece Risk Legacy (2011, Hasbro) da man de Rob Daviau entre outros, quen, xunto con Matt Leacock, creará o xogo que nos ocupa neste artigo.