ichi the killer patada

Ichi The Killer: do manga ao cinema a través do sadomasoquismo

Lembro fai uns anos toda a polémica cando, a través dun filme violentísimo, empezou a facerse famoso en occidente un tolo e stakhanovista director nipón. A película era Ichi The Killer (Koroshiya 1, 2001) e o director, Takashi Miike. Un pouco, o mesmo que ocorría co manga do que adaptaba esta peculiar cinta de yakuzas, escrito e debuxado por Hideo Yamamoto.