Life is Strange: un xogo sobre como manipular o tempo (para salvar á muller que amas)

Life is Strange (Dontnod Entertainment, 2015) é unha aventura gráfica composta por cinco eposodios, ao longo dos cales iremos construindo a historia de Max, a protagonista do xogo. Para isto, aporta ao xénero unha interesante mecánica, baseada en permitir voltar atrás no tempo e cambiar unha acción, un diálogo ou unha interacción co entorno, de xeito que as consecuencias das mesmas deixan de existir na historia.