beautyandthebeast

Beauty and The Beast (Bill Condon, 2017)

Quando a minha namorada me convenceu a comprar os bilhetes para Beauty and the Beast (Bill Condon, 2017) partia com esse preconceito -nom gosto dos musicais nem dos filmes da fatoria Disney- e nom esperava atopar nela tal conteúdo, pero esse acabou sendo o caso. O filme conta com um notável elenco de actores (Entre os secundários, Ian McKellen, Emma Thompson ou Ewan MacGregor, ainda que durante quase toda a película só esteam presentes a suas vozes) por cima dos quais destaca Emma Watson.

Crú Ducournau Poster

Crú: Francia caníbal (fai un soleil de carallo)

Unha historia de irmá maior que xa vivíu un chisco, e irmá pequena que descubre o mundo e a si mesma ao chegar á universidade. Nada novo baixo o sol, pero un prisma totalmente novedoso e unha perspectiva que da moito xogo ao facerse dende a historia de Justine, unha rapaza que vén dunha familia vexetariana e chega á facultade de veterinaria, onde tamén estudia a súa irmá e á que descobre de súpeto comendo carne. Dende aí, Justine irá descubrindo que lle apetece cada vez máis, e aínda que o negue, non pode evitar uns instintos carnívoros cada vez máis fortes.