Colosal: Empoderamento, alcoholismo e a destrucción de Seúl

Vemos neste Colosal cómo Nacho Vigalondo retoma a teima que xa viña dende Extraterrestre (2011) de coller argumentos de cine de xénero, mesturalo con historias humanas e de proximidade e sacar un cóctel novedoso de elo. Novedoso, pero tamén arriscado na proposta, tanto de cara ao espectador obxectivo por unha parte como pola outra. Nesa corda na que él se sinte cómodo e que lle da, canto menos, unha gran dose de interese ao seu cinema.