a-cousa-the-thing-mechagen

Quén Anda Aí? A Cousa. O enigma de outro mundo que infectou todo tipo de subcultura popular

Analizamos o tremendo impacto cultural que A Cousa, ou Quén Anda Aí? por coller o título do relato orixinal, tivo na imaxinería popular, vestíndose con todo tipo de produccións culturais en tódolos campos, e volvéndose así unha historia que quedará marcada como esencial para comprender a nosa contemporaneidade. Unha historia que, probablemente se non fose por aquela adaptación de 1951 que quedaría na retina de Carpenter entre tantos outros, acabaría como unha de tantos outros relatos de ciencia ficción pulp dos 30.

Fahrenheit-451-portadas

Fahrenheit 451: Lumes por San Xurxo

A historia dun tempo no cal os bombeiros adícanse a queimar libros (451º Fahrenheit é a temperatura á que arde o papel, de feito), e un deles comeza a ter curiosidade por qué é o que gardan esos libros e por qué é tan importante queimalos. E a partir desta premisa, unha indagación marabillosa sobre a sociedade e o camiño ao que se enfrontaba xa alá por 1953.