wos 2017

Os 5 días de vangarda que vivín no WOS Inc 2017

Asistimos ao festival WOS Inc, o festival de cultura alternativa e vangardista que se organiza a produtora Work On Sunday dende fai 4 anos en Compostela. Chegamos a ver máis de 20 espectáculos, quedáronnos algúns ocos, e comentámosvos a nosa experiencia en 5 días de cultura alternativa e moita, moita música.

Ovni Roswell

Música marciana. 9 temas de outro planeta.

En xullo de 1947 algo caía en Roswell, Novo México. Non se sabía a data exacta, e só se sabía que un granxeiro dixera ver restos estranos na súa finca. Dende entón, cinema, documentais, conspiranoia, unha suposta filmación da autopsia a un alien… o caso Roswell deu inicio á ufoloxía moderna e á obsesión cos marcianos da segunda metade do século XX. E o máis importante para nós aquí, e que usamos para festexar os 70 anos do caso Roswell, de aí derívanse todas estas cancións marabillosas.