mother russia bleeds: logo

Mother Russia Bleeds: A Agulla e o Martelo

Pelexar polas rúas dunha URSS dos anos 80 postapocalíptica onde circulan as drogas de deseño e as mafias governan xa é suficiente para que un xogo me chame a atención. Se ademáis metemos gráficos pixelados, unha estrutura de beat ‘em up da vella escola e unha ambientación musical á altura, pois xa me teñen gañado. E todo iso é o que ofrece este Mother Russia Bleeds, desenrolado por Le Cartel e que foi unha das estrelas da distribuidora Devolver Digital durante 2016.