Dream daddy

Dream Daddy, ou como facer un Dating Sim lovecraftiano

Dream Daddy: A Dad Dating Simulation (Game Grumps, 2017) é unha visual novel que poderiamos definir como un otome con temática BL, onde o xogador creará dende o editor de personaxe a un dadsome que será o protagonista da historia. Como todos os otome, o obxectivo será ir tomando determinadas decisións e opcións de diálogo, así como escollas concretas durante as diversas citas con outros sete pais, que nos levarán a establecer unha relación romántica con algún deles. Debido á existencia de logros ocultos que non era quen de desbloquear na miña conta de Steam, decidín buscar en internet sobre eles, e atopeime con que diversas teorías conspiranoicas sobre Dream Daddy eran top na rede.

Lovecraft writing by Shane Tyree

9 Temas de Música Lovecraftiana

Que Lovecraft é un dos escritores máis influíntes no fantástico do século XX é un feito. Xa non temos que referirnos a Robert E. Howard, Robert Bloch, August Derleth ou outros do círculo de Lovecraft e dos mitos de Cthulhu. A priori, a presenza de Lovecraft na música pode parecer máis complexa pola cuestión narrativa. Pero hai uns cantos temas e grupos que decidiron que Lovecraft era máis que adaptable ao seu discurso sonoro: