South park stick of truth pau da verdade poster

South Park: O Pau da Verdade. Épica, combates por turnos e Chimpokomon

Cando en 1997 Trey Parker e Matt Stone comezaron a producir South Park, parecía imposible imaxinar o impacto cultural que acabaría gañando co paso do tempo. 20 anos de repercusión en televisión, e incluso en cine, fixeron xurdir varios videoxogos, a maioría de calidade irregular. Ata a chegada deste O Pau Da Verdade (The Stick Of Truth) en 2014, editado por Ubisoft e desenvolvido por Obsidian, e con Chris Brion, Zane Lyon e o propio Trey Parker como directores do proxecto.