cinema de 1976

1976: O mellor ano da historia do cinema

A nivel persoal se tivese que vivir eternamente vendo cine dun mesmo ano, creo que sería, sen dúbida, 1976. Porque a cantidade de cine de altísima calidade que podemos atopar concentrada nesos 12 meses pasa por tódolos xéneros, países, estilos e modos. Un ano a ter en conta, no cal por motivos de índole cósmica parece que todo o mundo estaba dacordo en dirixir obras mestras.