Maniac: Joe Spinell e William Lustig contra Elijah Wood e Franck Khalfoun

Aínda lembro aquela cinta VHS con portada que non transmitía outra cousa que mal rollo agardando por ser vista por min. Unha cinta na que destacaba ese sinxelo título de Maniac, esos vaqueiros gastados e esa cabeleira e un coitelo enchoupado en sangue, todo pintado a man, tal e como se facía daquela. Pasaron anos, e algunhas escenas quedaban na miña mente, ata que un día o bó de Alexandre Aja decidíu que molaría ter un remake. Con Elijah Wood. Así que, aínda que aquel encanto enfermizo do Nova Iorque dos 70 e 80 xa non ía estar presente, aínda podía ser que dous amantes do xénero como Wood e Aja fixesen algo máis ou menos decente cun clásico underground como este cuasislasher tan particular. Analicemos se o conseguiron.