Decisións e partidas: do xadrez aos videoxogos

“The Banner Saga”e “Enterre-moi, mon amour” son dous títulos moi distintos entre si, pero cun punto en común: colocan a quen xoga nunha posición de responsabilidade palpable, ofrecendo unha experiencia por momentos tan incómoda como ilustradora. Cualificativos propios da arte que, en cada vez máis casos, son gañados a pulso por formatos interactivos. Examinamos ambas obras, ligándoas amais co principal xogo que ten por celme o binomio decisión-consecuencia.

Dream daddy

Dream Daddy, ou como facer un Dating Sim lovecraftiano

Dream Daddy: A Dad Dating Simulation (Game Grumps, 2017) é unha visual novel que poderiamos definir como un otome con temática BL, onde o xogador creará dende o editor de personaxe a un dadsome que será o protagonista da historia. Como todos os otome, o obxectivo será ir tomando determinadas decisións e opcións de diálogo, así como escollas concretas durante as diversas citas con outros sete pais, que nos levarán a establecer unha relación romántica con algún deles. Debido á existencia de logros ocultos que non era quen de desbloquear na miña conta de Steam, decidín buscar en internet sobre eles, e atopeime con que diversas teorías conspiranoicas sobre Dream Daddy eran top na rede.