Saltar ao contido

Mola! O webzine sobre cinema, cómic, videoxogos, música, literatura e subcultura en xeral. Dende Galicia, e en galego.

FacebookTwitter
Mola!Mola!
Mola!
O webzine de subcultura
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica
 
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica

Fomos ao Galicia Metalhead Fest. E esto é o que vimos.

A escena metaleira galega sempre foi moi activa. Localista e coa dificultade que sempre tivemos aquí para saír fóra, pero chea de grupos que se buscaban a vida para tocar e desfrutar da súa música. Iso foi sempre así, e segue a selo, tal e como podemos apreciar a través de festivais como o Galicia Metalhead Fest. 2 días para ver 12 bandas unidas pola caña e o espírito do metal.

Comezaba o festival nun venres 5 de maio ás 20.20. Puntual. Demasiado puntual, de feito. Por mor diso, moi pouca xente puido ver completo o concerto de Flúe. Unha banda saída de Compostela e facendo un metal con certa ascendencia de death sueco, con certo groove e potencia, aínda que mellorable a nivel técnica e sobre todo a nivel de orixinalidade. Especialmente, resultaban incómodos os momentos de voz limpa, uníndose a un son mellorable e a unha audiencia aínda en mínimos e completamente fría. Aínda así, foi un bó concerto para arrincar o festival.

Seguíronos Prima Nocte. Unha banda con cantante feminina e un aire de heavy con ascendencia gótica, con esa influencia obvia duns Nightwish ou uns Within Temptation (que de fito soen citar nas entrevistas), aínda que cun son bastante pesado para o que a priori poderiamos pesupoñer e incluso partes máis machaconas que poderían recoller cousas do metalcore actual. Unha pena que o son non fose todo o perfecto que podería e a voz, especialmente nos primeiros minutos, quedase demasiado diluída entre as guitarras. O máis interesante da súa proposta recae nas liñas de baixo e na sobradez de soltarse un anaco de solos, deixando ao batería só no escenario durante uns 3 minutos. Un espectáculo que non acaba de quedar ben cando estás tocando como a segunda banda do festival. Son bós, pero non os sobrados técnicos que poden aportar algo con este tipo de elementos. E o público respondeu cun pouco de estrañamento e distancia fronte a elo, cando ata ese momento estaba realmente empezando a activarse. Eso si, non lles quito o valor de expoñerse dese xeito.

Trala caída, a última hora, de Vermis Antecessor (tan a última hora que eu de feito entereime na propia sala), o turno caeu en InnerSelf. Banda de Coruña que ofrece un thrash de ascendencia xermana e con moito de heavy, especialmente na voz, e algún riff máis crossover, aínda que en minoría. Vense cousas de Destruction, Exodus ou incluso algunhas dos Tankard máis sobrios. De botar en falta algo na súa proposta a nivel persoal, é un chisco máis de velocidade e algunha outra parte de d-beat para mover máis á audiencia. De feito, o público, aínda que xa empezaba a quentarse, parecía custarlle soltarse e comezar o pit. Esperou ata o final para facelo e comezar a facer algo de mosh. Destacar tamén a presenza de 3 guitarras, dando unha potencia enorme ao son, e xogando boas cartas coas partes de solos.

Volvendo ao programa inicial, era o turno de Lethal Vice. Banda xa cun percorrido na escena máis thrasher da zona de Vigo, levando en activo máis de 10 anos. Thrash de nova escola, buscando diversión e tralla. O feito de comezar cunha intro sacada de Street Fighter e rematar co ending en galego de Dragon Ball, xa deixa ver por onde van os tiros. Nótanse os anos que levan xuntos e o gusto pola posta en escena, gañándose ao público dende o primeiro momento, formando un bó pit e incluso cun pequeno Wall of Death. O son que propoñen recolle moitos máis elementos de Crossover que o de InnerSelf, tendo tamén influencia alemana, pero con cousas de Municipal Waste, Anthrax e ata incluso de Overkill, de quenes se marcaron unha divertida versión do Fuck You. Unha proposta e un directo variado e divertido, no cal, como digo, a técnica ou a innovación quedan máis á marxe para ir pola diversión. E que conste que, para o que fan, son músicos máis que aceptables, especialmente nas guitarras.

Turno despois para o Doom dos Dark Embrace. Banda veterana do underground galego, tocaban neste Galicia Metalhead despois de 9 anos de silencio. Doom moi épico, cunha gran presencia de Óscar Rilo na voz, coméndose o escenario e propoñendo un espectáculo que servía como calma no medio da treboada do resto das bandas. Un nivel técnico enorme, un son moi persoal, onde hai influencias de tódolos grandes, dende Opeth ata Agathodaimon (de quenes se acordaron por ter tocado nesta mesma sala con eles 9 anos atrás), pasando incluso por uns Amorphis dos comezos. Aínda así, o bagaxe e técnica dos seus músicos dalle á banda un son bastante único e especial. Partes máis blackies, partes máis heavies, toques máis ambientais… Un concerto moi especial que por desgracia algunha parte do público non apreciou na súa sutileza, saíndo da sala ao desaparecer a diversión e a tralla das bandas de Thrash anteriores. Como punto negativo para a banda, citar a inclusión de teclados gravados cun son non excesivamente profesional, quedando destacado dun xeito negativo ante o bó traballo das guitarras, e sobre todo da batería, fundamento principal da banda xunto coa voz. E ollo, que as cordas demostran un nivel enorme.

Remataba a velada Agonica, facendo súa esa lóxica de que a banda máis cañera é a que debe rematar un concerto. Brutal Death de escola americana dende Vigo, con moita influencia da escena neoiorkina e partes que lembran a bandas como Disgorge (salvando a distancia técnica). Deixan ver tamén certas cousas de metalcore moderno, especialmente nas partes máis melódicas, que de tódolos xeitos non abundan e nas que non caen no tópico de meter voces limpas, conseguindo dese xeito non perder brutalidade na proposta, senón simplemente dar un maior rango de rexistro estilístico. Moi boa presencia do seu cantante, Marcos Chao, e sobre todo do seu baixista Isma Couñago, ao cal é unha pena que apenas se lle puidese escoitar porque as liñas e a técnica que ía mostrando eran do mellor da banda. De tódolos xeitos, a nivel técnico e de caña, é unha banda que vai sobrada, xerando un peche deste primeiro día no cal o pit formado foi medrando entre os que aínda estaban na sala e con ganas de festa.

O segundo día avanzábase como unha continuación perfecta do primeiro. O certo é que, salvo detalles como o de ter a Vermis Antecessor programada como terceira banda sendo a máis brutal do primeiro día, e de facer o mesmo cos Wisdom no segundo, o balance e orde das bandas tiña moita lóxica e ía ben prantexado. Así que, despois de descansar, comer e pasar a tarde de sábado, todo ía disposto para comezar a segunda xornada do festival.

Ás 20.20 debería ter empezado, aínda que sería un pouco máis tarde. Uns retrasos que se irían acumulando no día, cando sorprendentemente no primeiro fora todo como un reloxo. A primeira das bandas, Kowloon, chegada dende Ferrol co seu Heavy clasicote, con algunha parte máis speedica, especialmente nas partes de solos, pero sen escapar dese son nin ser especialmente innovadores. Moi ben o cantante na súa pose e presenza como frontman. Unha mágoa que o son non lles acompañase. A nivel compositivo quizáis resulten demasiado repetitivos, pero funcionan ben dentro do seu estilo. Unha banda que daba ben para comezar a velada, e axudar a ir enchendo a sala, aínda bastante vacía.

Máis caña viña no seguinte grupo, Dysnomia. Vigueses aos que parece gustarlles Suecia, pois dalí recollen o seu son. Influencias de bandas como In Flames ou At The Gates, mesturados con algúns elementos máis coretas nalgúns momentos e incluso algunha parte máis d-beat, facendo pensar tamén nuns Entombed. Botouse de menos na súa proposta o ter alguén para as teclas, en lugar de levalas gravadas, así como, na tónica do resto de bandas, que as guitarras sonasen un chisco máis altas para poder entender mellor as súas melodías. En canto á posta en escena, unha banda á cal lle gusta moito posar, e fano moi ben, aproveitando efectismo das luces ata o punto de que parecía que o técnico o traían eles. Sen embargo, a xente aínda estaba a chegar e non tiña moita gana de responder. Incluso ante peticións do cantante, como ‘Vide para adiante, que esto non é ópera’ non conseguían máis que erguer uns sorrisos na cara do público.

Terceira banda da noite. Nun principio ían ser Wisdom, pero por decisión de última hora foron os Talesien. Unha decisión máis que correcta, tendo en conta o estilo de cada banda. Talesien son desas bandas que levan mil concertos ás espaldas, e que nunca me chamaron a atención por gusto persoal. 15 anos adicados ao Heavy Metal, cada vez orientándose máis cara o melódico. Viñan ao festival sen o seu teclista, e véndose na obriga de meter as súas partes gravadas. A proposta que teñen funciona, e son bós dentro do estilo, con boa técnica e boa presenza. Pero o problema na noite foi que o público colleu con eles a mesma distancia que eles teñen fronte á meirande parte de bandas do festival. Así, por moito que chamaban a xuntar filas e achegarse ao escenario, a xente optou máis por estar preto da barra mentres agardaban á seguinte banda. Aínda así, tiñan varios fieles dentro das primeiras filas, por moito que esas primeiras filas estivesen a 4 metros do escenario.

Despois da calma relativa dos Talesien, viña o que para min era o prato forte da noite. Por amizade e por gusto personal. Wisdom, tamén coñecidos como Os Podres, chegaban dende Ferrol co seu Deathgrind de profunda raíz galega, falando de romerías, de empanadas e de esterco, cos seus case 30 anos en activo ás costas. Unha cifra que asusta pero que explica as táboas que teñen, por moito que non sexa das bandas que máis se deixan ver. Grindcoreteo con doses de Death Metal, moita influencia de Napalm Death ou Repulsion, e sempre co humor e o absurdo por bandeira. Debido a todo isto, dende o primeiro acorde xa tiñan ao público gañado e entregado. Comezan cunha intro con sons de porcos para arrincar con Xerme, e dende aí un continuo musical que é unha puñada na boca do estómago. Dada por John Cena. Eles quéixanse de que están maiores para o que fan, pero o certo é que non paran enriba do escenario, especialmente Suso, volvéndose tolo mentres mete as voces. Toda esta proposta, como digo, vese no público, organizado en pit todo o tempo e incluso prantexando non un Wall of Death senón un Wall of Love, seguindo coa temática erótico-festiva que Os Podres van dando ao seu discurso entre tema e tema. Destacar, precisamente nese absurdo enorme no cal van cargando o seu directo, cómo nun dos temas finais entre Suso e Chechu, o baixista, comezan a improvisar un pouco de rap. Non chega a nada, pero aporta tontería e, sobre todo e máis importante, risas e disfrute para o público, pechando a actuación co que para moitxs de nós é o seu himno, 5 Ferrados de Esterco. Iso si, nunha versión demasiado acelerada que para mín perde parte do espírito orixinal.

Difícil o tiñan Bloodhunter ao tocar despois de Wisdom. O nivel de caña estaba alto, e a xente cansa de tanto pogo. Sen embargo, a presenza de Diva Satánica como vocalista é o suficientemente impresionante como para que a xente quedase coa boca aberta. Unha cantante que se come o escenario co seu rexistro vocal e os cambios constantes que fai nel. Musicalmente, o que Bloodhunter da é un Death Metal cheo de agresividade, con rexistros variantes que van dende melodías de guitarra máis suecas a partes máis machaconas de ascendencia clásica, aparecendo no seu haber cousas de Entombed ao tempo que cousas de Sinister (referencia obrigada co punto da cantante feminina). Novamente, o son perxudica á banda, coa presencia demasiado diluída das guitarras. Por sorte, o papel da batería na banda é impresionante, xogando con momentos de blast beat impresionantes e unha capacidade de evolución compositiva moi reseñable. Quizáis a orde das cancións para o concerto acaba perxudicando á proposta, cunha tendencia de arranque máis brutal e acabando máis melódico, facendo que o concerto se faga un chisco largo. Ou pode ser o cansancio acumulado facendo mella no público. Como curiosidade, comentar que me atopei á familia de Diva Satánica apoiándoa entre o público, pais e sobriños incluídos. Unha estampa preciosa que case nunca vemos nun concerto e que puiden plasmar na foto que podedes ver na galería.

Tocaba rematar. E sempre é difícil decidir qué banda pecha un festi deste calibre. Neste caso, foron os Mutant. Eles mesmos comentaban enriba do escenario a dificultade de tocar despois de Bloodhunter e Wisdom. E non lles faltaba razón. A pesar de chegar xa cun público que levaba as dúas bandas anteriores movéndose e desfrutando, coa proposta de Mutant todo volveu á calma. Anteriormente coñecidos por ser unha das promesas do Thrash Metal galego, parece que a banda se foi en busca de sons máis progresivos e abandonaron en gran medida a agresividade que tiñan. Técnicamente son moi bós, e compositivamente moi variados, tocando dende partes Thrash ata cousas máis Rock, Stoner e Heavy, pasando por progresivo puro. Pero sen embargo, tanta influencia e tanta variación non acaban de facer un empaste sólido. Tampouco axudaba, recoñezo, o feito de que neste concerto debutaba o seu novo baixista, e iso nunha banda que é un trío, fai difícil que empaste ben todo o son. Non obstante, un peche con moito de música ben tocada e moito máis intelectual, aínda que con menos tralla, e co que os fans da banda desfrutaron enormemente. Por certo, destacar que, sendo un trío, conseguiron ser a banda con mellor son en canto a entenderse todo.

Dous días cheos de metal. 12 bandas e a demostración de que o metal galego segue a dar bós grupos e está cheo de talento. Pero sobre todo unha paixón polo metal e polo underground, cun público entregado pero crítico e nun ambiente de festa constante no cal casi era tan importante a saída entre banda e banda e a compartición de cervexas que o feito musical en si mesmo. Custaríame decidirme por quenes foron os que me impresionaron no festi, pero igual debería admitir que Dark Embrace, seguidos por Wisdom e Bloodhunter. Propostas con personalidade e sabendo o que fan, das que diría o tópico de que lles vexo moito futuro, pero son bandas de veteranos da escena, aos que xa non é unha cuestión de futuro senón de presente, facendo o que lles divirte e encanta. Porque ese é o verdadeiro espírito do metal e do underground.

Luis E. Froiz

Luis E. Froiz

Cineasta, músico, programador, ás veces escritor... sempre me dixeron que quen moito abarca pouco apreta. Pero esquencíanse da diversión de adicarme a todo o que me apaixoa.

Outros artigos

Redes sociais:
TwitterFacebookYouTube

Categoría: Crónica, Death Metal, Heavy Metal, Música, Thrash MetalPor Luis E. Froiz8 Maio, 2017
Compartilla!
Share with FacebookShare with Twitter

Navegación entre entradas

AnteriorEntrada anterior:Salad Fingers: Flash, cousas oxidadas e terror surrealistaSeguinteEntrada seguinte:IV Mostra de Cinema Escuro, Maldito e de Culto de Exhumed Movies

Quizáis che interese

Brutal Blues BB 2018 Ancho
Brutal Blues: BB. Grind, jazz e dous noruegueses amantes do ruído
3 Xaneiro, 2019
Cineuropa-Terceira-Semana-Posters
Crónicas de Cineuropa: Terceira semana
6 Decembro, 2018
Cineuropa Segunda Semana Posters
Crónicas de Cineuropa: Segunda semana
23 Novembro, 2018
Crónica de Cineuropa - Posters
Crónicas de Cineuropa: Primeira Semana
18 Novembro, 2018
Cineuropa-O Gabinete do Dr Caligari (Das Cabinet des Dr Caligari)-RFG
A RFG musicando O Gabinete do Dr. Caligari (Das Cabinet des Dr. Caligari, Robert Wiene, 1920): Concerto especial de Cineuropa
15 Novembro, 2018
Galician Freaky Film Festival Ancho
Edición 1 do Galician Freaky Film Festival: Os días nos que Dinoseto non foi o máis estrano de Vigo
3 Novembro, 2018

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos obrigatorios están marcados *

limpar formularioComentarios da entrada

  • Tes que derrotar a Sheng Long para ter opcións.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Ryu Hoshi
  • O pastel é unha mentira

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Doug Rattman
    Doug Rattman
  • Loitas como unha vaca

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Guybrush Theepwood
  • Terma Chewie, que escorrego!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Han Solo
  • On… da… viiii…. taaaal……………..XAAAAAAAAAAAAA!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    SonGoku
  • A rañala, raparigo

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    terminator t-800
    T-800
  • Isto é o gorrocóptero!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Doraemon
    Doraemon
  • Grazas Mario! Pero a nosa princesa está noutro castelo!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Toad
  • Son o mellor no que fago. Pero o que fago non é moi agradable.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    lobezno
    Lobezno
  • Son o Comandante Shepard, e esta é a miña tenda favorita na Cidadela

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Comandante Shepard
    Comandante Shepard
  • Quedaron para churrasco, pero na teoría funciona

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    xuíz dredd
    Xuíz Dredd
  • Trompa! Trompa!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Shin-Chan
    Shin Chan
  • Saltar ao hiperespacio non che é como peneirar, rapaz

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Han Solo
  • Pika-chu!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    pikachu
    Pikachu
  • É a hora dos paus!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Ben Grimm
    Ben Grimm (A Cousa)
  • Suppaman come albaricoques en escabeche!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    supaman
    Suppaman
  • Estradas? Onde imos, non precisamos estradas.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Dr. Emmett Brown
  • NON PODES PASAR!!!!!!!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    gandalf
    Gandalf
  • Yippee ki-yay, fillo de puta

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    John Mcclane
  • Hulk aplasta!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Hulk
    Hulk
Novas
  • Está a facerse un xogo que mestura os universos de Monkey Island e Regreso ao Futuro!
  • Chega Cineuropa 32, o Cineuropa máis escandaloso
  • The Waylanders, o videoxogo galego de rol que está ao chegar
  • Todo o que sabemos do WOS Festival 2018
  • Xarfas, a primeira novela de Álex Pernas, xa dispoñible
Máis artigos
  • galicia-metalhead
    Fomos ao Galicia Metalhead Fest. E esto é o que vimos.
    8 Maio, 2017
  • Doki Doki Literature Club!: O xogo é gratuito. O psicólogo non
    21 Xaneiro, 2018
  • Stephen Hawking
    Que a terra che sexa leve, Stephen Hawking. Recopilamos as súas grandes aparicións en series e filmes
    14 Marzo, 2018
  • Cineuropa-Atardecer (Napszállta, László Nemes)-Ancho
    Atardecer (Napszállta, László Nemes, 2018): Narrativa de calugas e Art Nouveau en Budapest
    22 Novembro, 2018
  • South park stick of truth pau da verdade poster
    South Park: O Pau da Verdade. Épica, combates por turnos e Chimpokomon
    22 Agosto, 2017
  • Somos plaga
    Crónicas de Cineuropa 2017: Somos Plaga
    13 Novembro, 2017
Histórico
  • Febreiro 2019
  • Xaneiro 2019
  • Decembro 2018
  • Novembro 2018
  • Outubro 2018
  • Setembro 2018
  • Agosto 2018
  • Xullo 2018
  • Xuño 2018
  • Maio 2018
  • Abril 2018
  • Marzo 2018
  • Febreiro 2018
  • Xaneiro 2018
  • Decembro 2017
  • Novembro 2017
  • Outubro 2017
  • Setembro 2017
  • Agosto 2017
  • Xullo 2017
  • Xuño 2017
  • Maio 2017
  • Abril 2017
  • Marzo 2017
Etiquetas
1990 2011 2014 2015 2016 2017 2018 Alemaña Animación análise Arxentina Ciencia Ficción Cinema cinema galego Cineuropa Cineuropa 2017 Cineuropa 2018 Comparativa Compostela Crítica EUA Festival Francia Galicia Galiza Gore H.P. Lovecraft Humor Italia Lista Mola Netflix Nintendo Pixel art PS4 Retrogaming Rusia Steam Subcultura Surrealismo Terror Vigo Xapón Xbox Youtube
Contáctanos
  • E-mail:
    info@mola.gal

Atópanos en:

FacebookTwitter
Axúdanos!
Mola!
Mola! A subcultura en galego.
Editado en Compostela polo Colectivo Mola dende 2017.
ISSN 2603-8781
  • Contacto
  • Política de privacidade
  • Cookies
Menu footer
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de uso. Entendemos que, se segues a navegar, aceptas o seu uso.Aceptar Ler máis