Tal e como se agardaba dende que Rockstar nos avisara o luns, hoxe ao fin puidemos ver novas imaxes do que será a segunda entrega de Red Dead Redemption, un dos xogos máis agardados deste ano.

Aínda que se trata dun trailer curto e moi cinematográfico que nos deixa con ganas de algo de gameplay, algo que de seguro están reservando para o E3, o que vemos permítenos saber que que estamos de novo ante a banda de Dutch van der Linde entre os que estará Arthur Morgan, o noso protagonista, e que nos atopamos ante unha precuela ambientada en 1899.

Na propia descrición do vídeo Rockstar achéganos un pouco máis da historia: “Tras un desastroso atraco fallido na cidade de Blackwater, Arthur Morgan e a banda de Van der Linde vense obrigados a fuxir. Cos axentes federais e os mellores cazarrecompensas da nación pisándolles os talóns, a banda deberá atracar, roubar e loitar, para sobrevivir no seu camiño polo escabroso territorio do corazón de América. Mentres as divisións internas aumentan e ameazan con separalos a todos, Arthur deberá escoller entre os seus propios ideais e a lealtade á banda que o viu medrar.”

Vídeo e texto que nos deixan con aínda máis ganas de botarlle a man a este esperadísimo título que verá a luz o 26 de outubro e que estará dipoñible de saída só para Playstation 4 e Xbox One, agardando que non tarde tanto como no caso de GTA V en chegar a PC.

Agos Reigosa

Agos Reigosa

Hum4no prom3dio.

Outros artigos - Web

Redes sociais:
Twitter