O E3 é unha das máis grandes e agardadas convencións de videoxogos. Nela, as compañías amosan os seus próximos xogos e desvelan as novidades e datas de saída das mesmas. Tanto a industria, como as aficionadas, mantemos a nosa mirada no evento de Los Ángeles, agardando expectantes a que se anuncie ese título que se fai de rogar. Bethesda, fai poucos días, deu en anunciar que este ano celebrará a conferencia máis longa da súa historia, e todas facemos as nosas apostas sobre se anunciarán un novo The Elder Scrolls ou o Starfield, ese xogo que promete aunar os universos de Fallout e de TES, constituíndose como unha sandbox situada no espacio. Si semella bastante probable que anuncien o RAGE 2, así como un novo DOOM. Por suposto, non hai nada confirmado, aínda que si sabemos que Nintendo aproveitará o evento para anunciar os seus novos títulos para a Switch. Ninguén pon en dúbida que a compañía nipona anunciará a saida de Dragon Quest XI para a súa consola, e todas agardamos que aproveiten a convención para falar do remake de Final Fantasy VII.

Outra das conferencias fortes é a de EA, quen, seguramente, mostrará un Anthem finalizado. É pouco probable que anuncien a data do próximo Dragon Age, mais todas as aficionadas estaremos pendentes a calquera referencia que o equipo de Bioware poida facer, especialmente tendo presente que Mark Darrah, director do proxecto de Anthem, dirixe tamén a saga Dragon Age.

As apostas sobre o que veremos no evento de Los Ángeles semellan claras. Ninguén dubida que títulos como Borderlands 3, Cyberpunk 2077, The Last of Uf 2, Red Dead Redemption 2 ou o novo RPG de Pokemon, serán anunciados.

En Mola! Estaremos moi pendentes das conferencias e manterémosvos ao tanto de todo o que ocorra no E3. Polo momento, deixámosvos os horarios galegos das conferencias:

Sábado 9 de xuño ás 20:00, EA

Domingo 10 de xuño ás 22:00, Microsoft

Luns 11 de xuño ás 03:30, Bethesda

Luns 11 de xuño ás 19:00, Square Enix

Luns 11 de xuño ás 22:00, Ubisoft

Martes 12 de xuño ás 00:00, PC Gaming

Martes 12 de xuño ás 03:00, Sony

Martes 12 de xuño ás 18:00, Nintendo

Avatar

A Nigromante

Doutora, roleira, karateka e espadachina coa sorte de poder adicarse a aquelo que ama: os xogos.

Outros artigos - Web

Redes sociais:
TwitterFacebookLinkedIn