The Waylanders
The Waylanders

Hoxe tivo lugar en A Coruña a presentación do novo traballo do estudio galego de videoxogos Gato Salvaje Studio, The Waylanders, un RPG de fantasía épica basado nas lendas e mitos de Galiza.  O xogo está ambientado nas épocas celta e medieval, e nel poderemos percorrer lugares como Brigantia, Santiago de Compostela ou a Illa de Ons. Neste senso, e sen que se desvelase a historia da que seremos protagonistas, si sabemos que o xogador poderá crear un personaxe que liderará un grupo de compañeiros, algo habitual no xénero.

Ademais, na rolda de prensa presentáronse os primeiros contidos artísticos do xogo, así como as tecnoloxías empregadas. Deste xeito fíxose unha demostración en directo do funcionamento do traxe de captura de movementos, empregado para realizar unhas técnicas de combate máis realistas no xogo. O estudio conta coa colaboración do maestro de esgrima antiga, internacionalmente coñecido, Ton Puey, mestre da Academia da Espada, quen será o encargado de reproducir os movementos de combate dos personaxes co traxe de captura de movemento.

Fernando Prieto, productor executivo e socio de Gato Salvaje Studio, indicou que o estudio ten en prantilla a 38 profesionais do sector, ademáis de numerosos colaboradores, que levan 8 meses de producción. A saída ao mercado de The Waylanders está prevista para o primeiro trimestre do 2020, e sairá tanto para PC como para consolas. Ademais, según indicou, será presentado nas diferentes ferias internacionais do videoxogo. Así, The Waylanders será levado á Games Week de París, á Gamescom de Colonia, a Gameshow de Tokyo ou á E3 de Los Ángeles, entre outras. Fernando Prieto indicou que Gato salvaje Studio conta con colaboradores internacionais de ampla traxectoria na industria do videoxogo, que serán anunciados públicamente nos próximos meses.

Por último, fixo mención á importante labor que o estudio está realizando en canto a creación de industria en Galiza, sendo o principal contratador de profesionais do sector. Animadores, modeladores, programadores, deseñadores, dobradores e un longo etcétera, traballan no proxecto. Destacou, ademáis, o dobaxe en galego do xogo, ademáis do inglés e o español.

Nos próximos meses, Gato Salvaje Studio dará mais información sobre The Waylanders. Animámovos a que os sigades nas redes sociais e que esteades atentos ao proxecto.

Avatar

A Nigromante

Doutora, roleira, karateka e espadachina coa sorte de poder adicarse a aquelo que ama: os xogos.

Outros artigos - Web

Redes sociais:
TwitterFacebookLinkedIn