Wos-Festival

Xa falta menos para a cita anual coa música de vangarda -amén de propostas achegadas á mesma dende outras disciplinas- que nos ofrece o colectivo Work On Sunday en Compostela: O WOS Festival que celebrará esta edición (xa a 5ª) entre o 12 e o 16 de setembro de 2018 nas súas sedes habituais. Que se vaia achegando o momento de desfrutar destes 5 días de vangarda implica, sobre todo, que aumente a expectación polo que nos agarda. E temos pensado resumírvolo.

Wos-Festival

SEDES

  • Centro Galego de Arte Contemporáneo
  • Cidade da Cultura
  • Teatro Principal
  • Fundación Eugenio Granell
  • Igrexa da Universdade
  • Salón Teatro (sede do Centro Dramático Galego)
  • Mercado de Abastos
  • Sede da Fundación SGAE
  • Sala Capitol
  • Sala Malatesta
  • Sala NUMAX

ARTISTAS (E DATAS)

Día 12 de setembro

Sumrrá (presentando o seu novo disco) con videoproxección en directo de Laura Iturralde.

Día 13 de setembro

RRUCCULLA

Spectrum

Territoire

Día 14 de setembro

Abul Mogard con vídeoproxección de Marja de Sanctis

CV & JAB

Death Whistle

Group A

Kreidler

Laurel Halo

Ron Morelli

The Evil Usses

Día 15 de setembro

Abu Sou

Asuna Arashi (coa Performance 100 Keyboards)

Gábor Lázár

JASSS

Lucy Railton

Nadah El Shazly

Oddisee

Paul Jebanasam e Tarik Barri (Co seu espectáculo Continuum)

Skee Mask

Suso Saiz

The Bug ft. Miss Red

Día 16 de setembro

Christina Vantzou

Esto é o que temos confirmado e con datas, pero ollo, porque aínda pode haber algunha confirmación a maiores, por moito que xa teñamos un cartaz que inclúe a nada pequena cifra 24 nomes para voarnos a cachola durante os 5 días do festi…

Como vedes, un cartaz que coma sempre mestura de xeito ecléctico o máis puxante da vangarda sonora. Do Jazz ao Techno, pasando polo Psicodélico, o Minimal ou o Hip Hop, facéndose donos da vila compostelá ao longo de 5 días de setembro. Dende aquí, recomendamos ir a todo o posible coa menor información que poidades, e deixar que as vosas orellas se sorprendan. Porque o WOS Festival é un festival perfecto para eso: para sorprenderse, descubrir e alucinar. E as entradas? Pois podedes collelas en Discos Portobello (A Coruña), A Reixa Tenda (Compostela) e Discos Elepé (Vigo) ou a través do seu portal.