festival son do camiño
festival son do camiño

Acaba de anunciarse o cartaz para o festival O Son do Camiño 2018. Un festival que quere servir de antesá para o Xacobeo 2021 facendo promoción do camiño e que nos vai traer a terras galegas unha boa cantidade de artistas de primeirísimo nivel.

Como podedes ver no cartaz, xa temos confirmacións do nivel de Lenny Kravitz, Jamiroquai e The Killers como cabezas, acompañados por Franz Ferdinand, Toundra, C. Tangana, Mando Diao, Martin Garrix, Two Door Cinema Club… Ademáis, complétase o mesmo con bandas galegas do tamaño de Triángulo de Amor Bizarro, Novedades Carminha, Eladio y los Seres Queridos, Bala, Malandrómeda, Agoraphobia… E aínda o que queda por confirmar.

Apuntamos aquí a lista de confirmacións:

  • The Killers
  • Lenny Kravitz
  • Jamiroquai
  • Martin Garrix
  • Two Door Cinema Club
  • Franz Ferdinand
  • Mando Diao
  • León Benavente
  • The Gift
  • C. Tangana
  • La M.O.D.A.
  • Carlos Sadness
  • Toundra
  • The Last Internationale
  • Talisco
  • Morgan
  • Rufus T. Firefly
  • Plya
  • Novedades Carminha
  • Triángulo de amor bizarro
  • Eladio y los seres queridos
  • Arce
  • Malandrómeda
  • Bala
  • Furious Monkey House
  • True Mountains
  • Agoraphobia

Deste xeito, o Son do Camiño 2018 preséntase cun cartaz tremendamente ecléctico, ofrecendo bandas e artistas que van dende rock e o funk ata o trap pasando polo indie ou o post-rock pero pensando sempre en que falamos de moitas bandas de culto, que poderemos desfrutar no Monte do Gozo de Compostela os días 28, 29 e 30 de xuño. As entradas comezarán a porse á venda o 1 de marzo dende 39€ e poderedes pillalas a través da propia web do festival. Ademáis, como é habitual, teredes zona de acampada nos arredores do festival.

Realmente, unha sorpresa enorme, nun festival que mantivo moi ben o segredo do que podía traer, e dende logo un festival que marcará gran parte do verán na Galiza. E iso, cun cartaz que aínda está sen rematar. Pero que co que hai confirmado neste Son do Camiño, xa vai directamente ao top de eventos para este ano 2018.