Xarfas
Xarfas

Álex Pernas, nado en Coruña en 1986, e recoñecido polo seu traballo como músico en bandas metaleiras como TST, Ad Intra ou actualmente Oymyakon, presenta a súa primeira novela, Xarfas. Unha obra realista que nas súas 210 páxinas, e dende unha perspectiva distópica pero, tal e como o propio autor da mesma indica alonxada da ciencia ficción, conta a historia dun mundo no futuro próximo no que a loita entre os poderosos que defenden o sistema establecido e os que o padecen comeza a ser unha constante. Unha novela que se divide en 6 historias interconectadas, achegándose a ese mundo futuro dende unha óptica chea de referencias actuais.

A obra publícase baixo o Createspace Independent Publishing Platform, de xeito que podedes comprala a través de Amazon por pouco máis de 10€ e leva un principio de edición e impresión baixo demanda. De tódolos xeitos, se queredes, o propio Pernas puxo á disposición das lectoras unha edición en pdf e outra en ePub de xeito gratuíto. Os links para lela (e recomendamos a de Amazon por apoiar o traballo do autor), podedes velos aquí:

Amazon

pdf

ePub

Dende aquí, animámosvos a botarlle unha ollada a Xarfas e descubrir a este novo valor da literatura de xénero da Galiza.