Saltar ao contido

Mola! O webzine sobre cinema, cómic, videoxogos, música, literatura e subcultura en xeral. Dende Galicia, e en galego.

FacebookTwitter
Mola!Mola!
Mola!
O webzine de subcultura
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica
 
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica

Oiktos (Babis Makridis, 2018): Comezamos a falar dunha vez da Onda Rara Grega?

A sombra de Yorgos Lanthimos é alongada, marcando profundamente o que comeza a definirse como a Onda Rara Grega. Unha onda na cal ademáis do xa citado Lanthimos, que dende Canino (Kynodontas, 2009) sería unha sorte de gran líder do movemento, deberiamos incluír a Alexandros Avranas ou a Athina Rachel Tsangari coma outros exemplos destacados aos que dende hoxe eu xa introduzo a Babis Makridis grazas ao feito nesta Oiktos, aínda que recoñezo que xa dende L (L, 2012) podería formar parte do grupo.

Cineuropa-Oiktos (Babis Makridis, 2018)-Poster

O título de Oiktos é confuso polo intraducible. É un termo provinte do grego clásico que por obvias razóns de distancia cognitiva e social non podemos sinalar doadamente cunha soa verba. Se buscamos información, atopámonos con que pese a que soe denominarse como ‘piedade’, tamén é un lamento ou incluso unha expresión de miseria audible lamentosa, pero tamén para o feito de sentir piedade1. Arranco esta crítica falando desto porque comprender toda esa gama de significados do título en grego axuda a comprender toda a trama da película, pois parece ir xogando con eles. Non é un filme doado e se ben o ton non varía, a nosa percepción do mesmo, si o fai dunha maneira constante.

Todo o tramo inicial da cinta parece orientarnos, tal e como de feito pon na descripción de páxinas como a IMdB, a un drama terrible sobre a supervivencia dun avogado e pai de familia coa muller en coma no hospital. Nembargantes, ese ton que ten o guión -por certo, escrito por Efthymis Filippou, colaborador habitual de Lanthimos- parece abandonarse ao rematar o primeiro acto, tomando un ton de comedia negrísima marabilloso no cal o protagonista comeza a sentir a necesidade de seguir recibindo a atención que lle brindaban coa muller no hospital, de seguir con ese Oiktos que sinalaba o título. O mellor é o xeito no cal Makridis non se move no seu ritmo narrativo. A pausa e a frialdade lévannos a través da mente do noso protagonista, interpretado por un hierático -e as veces pouco crible, hai que admitilo- Yannis Drakopoulos nesa realidade creada, sendo acompañadas e guiadas no pensamento por estranos intertítulos que ás veces parecen representar o pensamento interior da personaxe, mais sen ser nunca totalmente explícitos nese senso polo absurdos que resultan.

Cineuropa-Oiktos (Babis Makridis, 2018)-Fotograma

Deste xeito, todo o que vemos viaxa dende o duro desa posible morte, dese sufrimento familiar ante a perda da muller do protagonista e por tanto a empatización absoluta co que sufre esta personaxe ata unha visión totalmente afastada cando comeza a perder a cabeza obsesionándose con seguir sendo tratado con pena, chegando a mentir á xente só para voltar a ser unha personaxe triste ante o resto de personaxes do filme. A tolemia na cal vai caendo ten tanto de patético como de ‘Pero Que Carallo?!?’, ao mesmo que está chea dunha sutileza que fai que as súas actitudes non deixen de sorprender en toda a segunda parte da metraxe. A primeira pista do patetismo e de como o derrumbe da realidade é inminente témolo cando se pon a cantar ao seu fillo unha canción que compuxo para a morte da muller e que fala de sacrificar animais para mitigar a dor. Unha escena incómoda, bela e moi rara que serve como preludio para facernos ver que non todo vai ben nese interior.

Os puntos negativos poden ir precisamente nesa liña que parece beber doutros autores da Onda Rara Grega, mais claro, comparar a alguén con obras brutais como as de Lanthimos como xa fixemos aquí é inxusto. A fotografía e a montaxe xogan a ese ritmo lento, mais non é todo o preciosista e poético que debería. De tódolos xeitos esa pausa narrativa sumada ao pulcro de todas as estancias e á constante inclusión de fragmentos de música clásica axuda a xerar un certo ambiente de clase burguesa que representa o protagonista, completando así un xiro de crítica ao enturbiar e despedazar toda a idea que ten sobre si mesmo e amosar unha destrucción interna, por extensión, de todo o que representa.

Así Oiktos, se ben dista de ser unha obra mestra, chega sen dúbidas a ese nivel de estrañeza que colle moito do surrealismo -neste caso no gusto polo humor negro- e que fai que moitas de nós vaiamos correndo cada vez que atopamos unha nova cinta que podemos ver chegada de Grecia. Unha máis nesa lista que medra ano a ano e que parece non ter trazas de deixar de darnos xoias en breve.

Cineuropa-Oiktos (Babis Makridis, 2018)-Fotograma 2

NOTAS

 

1. Hall Sternberg, Rachel (2005). The Nature of Pity. En R. Hall Sternberg (Ed.), Pity and Power in Ancient Athens (pp. 15-47). Nova Iorque: Cambridge University Press. p.19.

Luis E. Froiz

Luis E. Froiz

Cineasta, músico, programador, ás veces escritor... sempre me dixeron que quen moito abarca pouco apreta. Pero esquencíanse da diversión de adicarme a todo o que me apaixoa.

Outros artigos

Redes sociais:
TwitterFacebookYouTube

Categoría: Sin categoríaPor Luis E. Froiz29 Novembro, 2018
Compartilla!
Share with FacebookShare with Twitter

Navegación entre entradas

AnteriorEntrada anterior:Kursk: Angustia submarina (e premio a Morris)SeguinteEntrada seguinte:O nazi era o seu cavalo: ‘Waldheims Walzer’ (Ruth Beckermann, 2018)

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos obrigatorios están marcados *

limpar formularioComentarios da entrada

  • Son o mellor no que fago. Pero o que fago non é moi agradable.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    lobezno
    Lobezno
  • Son o Comandante Shepard, e esta é a miña tenda favorita na Cidadela

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Comandante Shepard
    Comandante Shepard
  • Isto é o gorrocóptero!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Doraemon
    Doraemon
  • Yippee ki-yay, fillo de puta

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    John Mcclane
  • Pika-chu!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    pikachu
    Pikachu
  • NON PODES PASAR!!!!!!!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    gandalf
    Gandalf
  • On… da… viiii…. taaaal……………..XAAAAAAAAAAAAA!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    SonGoku
  • A rañala, raparigo

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    terminator t-800
    T-800
  • Grazas Mario! Pero a nosa princesa está noutro castelo!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Toad
  • Trompa! Trompa!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Shin-Chan
    Shin Chan
  • É a hora dos paus!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Ben Grimm
    Ben Grimm (A Cousa)
  • Loitas como unha vaca

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Guybrush Theepwood
  • Hulk aplasta!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Hulk
    Hulk
  • Tes que derrotar a Sheng Long para ter opcións.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Ryu Hoshi
  • Estradas? Onde imos, non precisamos estradas.

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Dr. Emmett Brown
  • O pastel é unha mentira

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Doug Rattman
    Doug Rattman
  • Suppaman come albaricoques en escabeche!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    supaman
    Suppaman
  • Saltar ao hiperespacio non che é como peneirar, rapaz

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Han Solo
  • Terma Chewie, que escorrego!

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    Han Solo
  • Quedaron para churrasco, pero na teoría funciona

    Chuckettadmin

    Outros artigos

    xuíz dredd
    Xuíz Dredd
Novas
  • Está a facerse un xogo que mestura os universos de Monkey Island e Regreso ao Futuro!
  • Chega Cineuropa 32, o Cineuropa máis escandaloso
  • The Waylanders, o videoxogo galego de rol que está ao chegar
  • Todo o que sabemos do WOS Festival 2018
  • Xarfas, a primeira novela de Álex Pernas, xa dispoñible
Máis artigos
  • Cineuropa-Futbol Infinito-Ancho
    Fútbol Infinito (Fotbal Infinit, Corneliu Porumboiu, 2018): Deconstruíndo o fútbol e a un señor cunha idea moi fixa
    28 Novembro, 2018
  • galicia-metalhead
    Fomos ao Galicia Metalhead Fest. E esto é o que vimos.
    8 Maio, 2017
  • Cineuropa Verán (Leto) - Ancho
    Verán (Leto, Kirill Serebrennikov, 2018): Rockeiros de Leningrado
    11 Novembro, 2018
  • Salad Fingers
    Salad Fingers: Flash, cousas oxidadas e terror surrealista
    13 Maio, 2017
  • Colosal: Empoderamento, alcoholismo e a destrucción de Seúl
    13 Xullo, 2017
  • Ossorio-Mortos sen Ollos-Ancho
    A tetraloxía dos Mortos sen Ollos de Amando de Ossorio. A medio camiño entre o zombie, o gótico e a Santa Compaña
    4 Febreiro, 2019
Histórico
  • Febreiro 2019
  • Xaneiro 2019
  • Decembro 2018
  • Novembro 2018
  • Outubro 2018
  • Setembro 2018
  • Agosto 2018
  • Xullo 2018
  • Xuño 2018
  • Maio 2018
  • Abril 2018
  • Marzo 2018
  • Febreiro 2018
  • Xaneiro 2018
  • Decembro 2017
  • Novembro 2017
  • Outubro 2017
  • Setembro 2017
  • Agosto 2017
  • Xullo 2017
  • Xuño 2017
  • Maio 2017
  • Abril 2017
  • Marzo 2017
  • Xaneiro 2016
Etiquetas
1990 2011 2014 2015 2016 2017 2018 Alemaña Animación análise Arxentina Ciencia Ficción Cinema cinema galego Cineuropa Cineuropa 2017 Cineuropa 2018 Comparativa Compostela Crítica EUA Festival Francia Galicia Galiza Gore H.P. Lovecraft Humor Italia Lista Mola Netflix Nintendo Pixel art PS4 Retrogaming Rusia Steam Subcultura Surrealismo Terror Vigo Xapón Xbox Youtube
Contáctanos
  • E-mail:
    info@mola.gal

Atópanos en:

FacebookTwitter
Axúdanos!
Mola!
Mola! A subcultura en galego.
Editado en Compostela polo Colectivo Mola dende 2017.
ISSN 2603-8781
  • Contacto
  • Política de privacidade
  • Cookies
Menu footer
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de uso. Entendemos que, se segues a navegar, aceptas o seu uso.Aceptar Ler máis