beautyandthebeast

Beauty and The Beast (Bill Condon, 2017)

Quando a minha namorada me convenceu a comprar os bilhetes para Beauty and the Beast (Bill Condon, 2017) partia com esse preconceito -nom gosto dos musicais nem dos filmes da fatoria Disney- e nom esperava atopar nela tal conteúdo, pero esse acabou sendo o caso. O filme conta com um notável elenco de actores (Entre os secundários, Ian McKellen, Emma Thompson ou Ewan MacGregor, ainda que durante quase toda a película só esteam presentes a suas vozes) por cima dos quais destaca Emma Watson.

Ler máis

Salad Fingers: Flash, cousas oxidadas e terror surrealista

Cando en 2004 David Firth subía a Internet o primeiro episodio de Salad Fingers, pouco podía espera en que se convertise no que chegou a ser. Era un momento no cal aínda non existía YouTube, nin estaba totalmente desenvolvido o mundo das webseries. Hoxe, 9 episodios despois daquel primeiro, a serie conta con millóns de visitas (contando só YouTube, falamos duns 30 millóns no epsodio 1) e sen embargo a animación en Flash xa está case desaparecida, quedando xoias coma esta para lembrar aquela época.

Ler máis
Salad Fingers
galicia-metalhead

Fomos ao Galicia Metalhead Fest. E esto é o que vimos.

Dous días cheos de metal. 12 bandas e a demostración de que o metal galego segue a dar bós grupos e está cheo de talento. Pero sobre todo unha paixón polo metal e polo underground, cun público entregado pero crítico e nun ambiente de festa constante no cal casi era tan importante a saída entre banda e banda e a compartición de cervexas que o feito musical en si mesmo.

Ler máis
Fahrenheit-451-portadas

Fahrenheit 451: Lumes por San Xurxo

A historia dun tempo no cal os bombeiros adícanse a queimar libros (451º Fahrenheit é a temperatura á que arde o papel, de feito), e un deles comeza a ter curiosidade por qué é o que gardan esos libros e por qué é tan importante queimalos. E a partir desta premisa, unha indagación marabillosa sobre a sociedade e o camiño ao que se enfrontaba xa alá por 1953.

Ler máis