Crú: Francia caníbal (fai un soleil de carallo)

Unha historia de irmá maior que xa vivíu un chisco, e irmá pequena que descubre o mundo e a si mesma ao chegar á universidade. Nada novo baixo o sol, pero un prisma totalmente novedoso e unha perspectiva que da moito xogo ao facerse dende a historia de Justine, unha rapaza que vén dunha familia vexetariana e chega á facultade de veterinaria, onde tamén estudia a súa irmá e á que descobre de súpeto comendo carne. Dende aí, Justine irá descubrindo que lle apetece cada vez máis, e aínda que o negue, non pode evitar uns instintos carnívoros cada vez máis fortes.

Ler máis
Crú Ducournau Poster

Criando Ratas: os quinquis xa non son o que eran

Falamos dunha película feita á usanza do cine quinqui de Eloy de la Iglesia máis que do de José Antonio de la Loma, máis centrada na vida dos quinquis dentro da propia realidade que viven, cun protagonista que acabou no cárcere por relación co tráfico de drogas e personaxes que están obviamente sacados dese mundo. E nese sentido, funciona perfectamente.

Ler máis

Loom: Pixel art antes do pixel art

Estamos en 1990. Un ano despois de que Lucasarts lanzara a súa adaptación de Indiana Jones e a Última Cruzada, e o mesmo ano no cal sairía a primeira entrega de Monkey Island. Unha época brillante para as aventuras gráficas, e no cal sairía á luz unha das máis máxicas que o mundo dos videoxogos nos deu ata agora. Brian Moriarty levaría a cabo, empregando o motor SCUMM, a súa obra mestra con permiso de The Dig, e titularíaa co nome de Loom.

Ler máis