kickboxer-saga

A saga canónica de Kickboxer: De Kurt Sloan a un tipo que leu no periódico a morte do seu irmán

Kickboxer é unha saga que evita botar a vista atrás, e tampouco da pé a facelo, matando aos protagonistas anteriores e sacándose da manga novas personaxes que seguirán máis ou menos co legado do anterior, viaxando polo mundo e mostrándonos como o Kickboxing está controlado en todas partes por mafias ás que os nosos protagonistas irán enfrontándose.

Ler máis

A Bird Story: Tiña un paxariño moi bonito…

Unha historia pequeniña, moi sinxela e moi honesta, que non fai outra cousa que guiarnos por ese camiño xa percorrido de neno que atopa un paxaro ferido, cúrao, e descobre nel a amizade. Todo, cunha banda sonora tristona e unha narrativa sen diálogos que pretende coller forza pola mestura de dita música cun apartado visual de aire pixel art, con resonancia a xogos de rol antigos e un certo aire de anime.

Ler máis

Colosal: Empoderamento, alcoholismo e a destrucción de Seúl

Vemos neste Colosal cómo Nacho Vigalondo retoma a teima que xa viña dende Extraterrestre (2011) de coller argumentos de cine de xénero, mesturalo con historias humanas e de proximidade e sacar un cóctel novedoso de elo. Novedoso, pero tamén arriscado na proposta, tanto de cara ao espectador obxectivo por unha parte como pola outra. Nesa corda na que él se sinte cómodo e que lle da, canto menos, unha gran dose de interese ao seu cinema.

Ler máis
Ovni Roswell

Música marciana. 9 temas de outro planeta.

En xullo de 1947 algo caía en Roswell, Novo México. Non se sabía a data exacta, e só se sabía que un granxeiro dixera ver restos estranos na súa finca. Dende entón, cinema, documentais, conspiranoia, unha suposta filmación da autopsia a un alien… o caso Roswell deu inicio á ufoloxía moderna e á obsesión cos marcianos da segunda metade do século XX. E o máis importante para nós aquí, e que usamos para festexar os 70 anos do caso Roswell, de aí derívanse todas estas cancións marabillosas.

Ler máis