Maniac: Joe Spinell e William Lustig contra Elijah Wood e Franck Khalfoun

Aínda lembro aquela cinta VHS con portada que non transmitía outra cousa que mal rollo agardando por ser vista por min. Unha cinta na que destacaba ese sinxelo título de Maniac, esos vaqueiros gastados e esa cabeleira e un coitelo enchoupado en sangue, todo pintado a man, tal e como se facía daquela. Pasaron anos, e algunhas escenas quedaban na miña mente, ata que un día o bó de Alexandre Aja decidíu que molaría ter un remake. Con Elijah Wood. Así que, aínda que aquel encanto enfermizo do Nova Iorque dos 70 e 80 xa non ía estar presente, aínda podía ser que dous amantes do xénero como Wood e Aja fixesen algo máis ou menos decente cun clásico underground como este cuasislasher tan particular. Analicemos se o conseguiron.

Ler máis

Mother Russia Bleeds: A Agulla e o Martelo

Pelexar polas rúas dunha URSS dos anos 80 postapocalíptica onde circulan as drogas de deseño e as mafias governan xa é suficiente para que un xogo me chame a atención. Se ademáis metemos gráficos pixelados, unha estrutura de beat ‘em up da vella escola e unha ambientación musical á altura, pois xa me teñen gañado. E todo iso é o que ofrece este Mother Russia Bleeds, desenrolado por Le Cartel e que foi unha das estrelas da distribuidora Devolver Digital durante 2016.

Ler máis
mother russia bleeds: logo
Déixame-saír-poster

Déixame Saír: Con T de terror, té e terapia

Non vexo fácil que vaia atopar nada que disfrute máis ao longo do ano, polo menos na súa perfección de intención narrativa e resultado de factura. Da gusto atopar un film onde todo encaixa á perfección e xoga contigo xa non só como espectador senón cos teus prexuízos para darche bofetadas e facerche disfrutar a tódolos niveis dende a óptica do cinema de terror.

Ler máis