Saltar ao contido
Mola!Mola!
Mola!
O webzine de subcultura en galego
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica
  • Colabora!
FacebookTwitterInstagram
 
  • Novas
  • Cinema
    • Todo Cinema
    • Acción
    • Animación
    • Anime
    • Artes Marciais
    • Aventuras
    • Ciencia Ficción
    • Comedia
    • Drama
    • Experimental
    • Gore
    • Histórico
    • Kaiju Eiga
    • Musical
    • Quinqui
    • Terror
  • Series
    • Todo Series
    • Animación
    • Sitcom
    • Terror
    • Webserie
  • Cómic
    • Todo Cómic
    • Ciencia Ficción
    • Manga
    • Terror
  • Literatura
    • Todo Literatura
    • Novela
    • Ciencia Ficción
  • Música
    • Todo Música
    • Ambiental
    • Experimental
    • Clásica
    • Electrónica
    • Chiptunes
    • Noise
    • Psicodelia
    • Progresivo
    • Punk
    • Stoner
    • Heavy Metal
    • Thrash Metal
    • Black Metal
    • Death Metal
    • Zheul
  • Videoxogos
    • Todo Videoxogos
    • Aventura Gráfica
    • Beat’Em Up
    • Puzzle
    • Shooter lateral
    • Survival Horror
    • Visual Novel
  • Xogos
    • Mesa
  • Eventos e Concertos
    • Crónica
  • Colabora!

Déixame Saír: Con T de terror, té e terapia

Non tiña nin idea da existencia desta peli ata que vín o trailer no pase de Crú ao que asistín. Nese momento, xa souben que Déixame Saír ía tratarse de algo que tiña que ver, aínda que só fose pola mestura de drama racial con narrativa de terror que parecía prantexar. Uns meses despois, e aquí estaba, diante da pantalla disposto a ver qué sorpresas trae dentro o film debut de Jordan Peele. E qué enorme ía sendo a miña sorpresa ao ir vendo un film magníficamente escrito e construido, cun nivel actoral altísimo e que, efectivamente, leva o feito de personaxes negras atormentadas por blancos ata un nivel de suspense e terror atosigante!

Comeza o film cun plano secuencia que nos fai ver que non estamos soamente ante unha película de terror moderna, senón ante unha demostración de talento narrativo por parte de Jordan Peele. O plano segue a un rapaz negro por un barrio residencial ata que se cruza cun deportivo, ao que a cámara non deixará de prestar atención fóra de foco para xerar a tensión no espectador sabendo que o xiro que fai non pode levar a nada bó. E co rapto do rapaz por parte do conductor, enmascarado, arranca o filme. Un xeito contundente, explicativo e que nos mete xa a tensión no corpo. Veremos dende aquí a tensión xerada dese concepto de ‘rapaz negro en zona de brancos’, escapando do cliché de rednecks racistas para levar a tensión a un ambiente de clase alta e liberal. Todo parece inocente, pero sabemos que a capa de escuridade está nalgún lugar, e o guión vai deixando pequenas pinceladas que non comprenderemos realmente ata ter o cadro completo frente a nós. O coñecemento que temos é sempre o mesmo que o protagonista, e con el imos en prácticamente a totalidade da peli, sufrindo, descubrindo e incluso desfrutando en certas partes. Nese guión, e no xogo cos nosos prexuízos, baséase o film para chegar a unha resolución imposible de anticipar ata os minutos finais.

Déixame-Saír-coche

O traballo narrativo de Peele mostra que, a pesar de que Déixame Saír é a primeira peli que dirixe, hai un talento enorme e un coñecemento dos códigos perfecto. A administración de partes humorísticas, terror puro e pequenas doses de información, xeran un ritmo no cal os 104 minutos da película pasan enseguida e nos manteñen sempre pegados á pantalla, desfrutando do guión, do magnífico traballo de cámara e montaxe, ou simplemente sufrindo co protagonista. Facía moito tempo que o que escribe non desfrutaba tantísimo co clímax no cal o heroe loita, chegando a festexar co puño en alto o resultado de cada secuencia desos minutos de desenlace. A clase de disfrute que o terror ten que proporcionar na súa resolución pero que rara vez pasa.

Falaba, máis arriba, do traballo de guión. A nivel estructural é pefecto, manexando os puntos de xiro, o ritmo e o descobremento do que ocorre de maneira maxistral. Pero é que tamén a nivel diálogos estamos ante unha peli sobresaínte. Destaco sobre todo a ese LilRel Howery e os seus alivios cómicos de comedia afroamericana que nos levan ao terreo que Peele leva anos dominando. Pero é que en tódolos casos, dende o protagonista interpretado por Daniel Kaluuya e a súa moza, representada por Allison Williams, o nivel actoral e a credibilidade das liñas é absoluta. Chega incluso a atopar unha coherencia e unha forza nas personaxes que ao velas en retrospectiva explican moito máis do que xa viamos. O único punto negativo, neste senso, é o de Caleb Landry Jones, bastante menos creíble e excesivo en todo momento, máis digno dun mal filme de psicópatas que do que estamos a falar.

Déixame-Saír brancos

Quero destacar tamén, e aviso xa que este parágrafo contén reflexións que poden explicar parte da trama, cómo Déixame Saír nos enfronta aos nosos propios prexuízos. Partimos desa base na cal pensamos en brancos malos que queren usar de escravos aos negros a través de control mental, para ir construíndo unha realidade moito máis complexa na que todos os brancos que vemos intentan dominar pero mirando aos negros nunha perspectiva non de odio senón de idealización, polo menos no plano físico. Un xiro e unha lectura que o espectador non asume ata o repaso sobre o visto, e que ao mesmo tempo fai repensar os porqués da presuposición do que pensábamos nos primeiros compases que ía suceder, e despois a discusión sobre o racismo inherente ao pensar, dende a perspectiva branca, que chegar a ser negro é un ideal. Unha cuestión que non é pequena, e moito menos cando Peele non dubida en xogar con clichés da comedia afroamericana constantemente.

Remato esta análise dicindo, xa en xuño de 2017, que non vexo fácil que vaia atopar nada que disfrute máis ao longo do ano, polo menos na súa perfección de intención narrativa e resultado de factura. Da gusto atopar un film onde todo encaixa á perfección e xoga contigo xa non só como espectador senón cos teus prexuízos para darche bofetadas e facerche disfrutar a tódolos niveis dende a óptica do cinema de terror.

Luis E. Froiz

Luis E. Froiz

Cineasta, músico, programador, ás veces escritor... sempre me dixeron que quen moito abarca pouco apreta. Pero esquencíanse da diversión de adicarme a todo o que me apaixoa.

Outros artigos

Redes sociais:
TwitterFacebookYouTube

Categoría: Cinema, Cinema de terrorPor Luis E. Froiz12 Xuño, 2017
Compartilla!
Share with FacebookShare with Twitter

Navegación entre entradas

AnteriorEntrada anterior:Mother Russia Bleeds: A Agulla e o MarteloSeguinteEntrada seguinte:Celebramos o 33º aniversario do Tetris coas mellores versións da súa famosa melodía.

Quizáis che interese

US-Jordan Peele-Ancho
Nós (Us, Jordan Peele, 2019): Mirada especular á dimensión descoñecida
31 Marzo, 2019
Trinta Lumes-Ancho
Trinta Lumes (Diana Toucedo, 2017): O marabilloso entre a vida e a morte no Courel
12 Marzo, 2019
8Mulleres da subcultura galega a ter en conta
7 Marzo, 2019
Roma Alfonso Cuarón Ancho
Roma (Alfonso Cuarón, 2018): a pausa técnica como narración da lembranza
25 Febreiro, 2019
Ossorio-Mortos sen Ollos-Ancho
A tetraloxía dos Mortos sen Ollos de Amando de Ossorio. A medio camiño entre o zombie, o gótico e a Santa Compaña
4 Febreiro, 2019
Lanthimos - A Favorita - Ancho
A Favorita (The Favourite, Yorgos Lanthimos, 2018): Lanthimos íspese de si mesmo e ponse roupa de época
31 Xaneiro, 2019

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

A túa dirección de correo electrónico non será publicada. Os campos obrigatorios están marcados *

limpar formularioComentarios da entrada

*/
Etiquetas
1990 2011 2014 2015 2016 2017 2018 Alemaña Animación Anime análise Arxentina Cinema cinema galego Cineuropa Cineuropa 2017 Cineuropa 2018 Comparativa Compostela Crítica EUA Feminismo Festival Francia Galicia Galiza Gore H.P. Lovecraft Humor Italia Lista Netflix Nintendo Pixel art PS4 Retrogaming Rusia Steam Subcultura Surrealismo Terror Vigo Xapón Xbox Youtube
Arquivo
  • ►2019
    • ►Marzo
      • Nós (Us, Jordan Peele, 2019): Mirada especular á dimensión descoñecida
      • Saucer-Like: Un videoxogo vigués dende o profundo do bosque
      • Oceanhorn: Monster of Uncharted Seas, o Zelda de marca branca
      • Trinta Lumes (Diana Toucedo, 2017): O marabilloso entre a vida e a morte no Courel
      • 8Mulleres da subcultura galega a ter en conta
    • ►Febreiro
      • Roma (Alfonso Cuarón, 2018): a pausa técnica como narración da lembranza
      • Four Last Things: Cando as aventuras gráficas miran ao renacentismo
      • Do Not Feed The Monkeys, ou si?
      • Xogos en parella: Un San Valentín de vicio
      • Día Darwin 2019: Como se representa a evolución nos videoxogos?
      • Sonic Boom: Shattered Crystal, um jogo felizmente medíocre
      • A tetraloxía dos Mortos sen Ollos de Amando de Ossorio. A medio camiño entre o zombie, o gótico e a Santa Compaña
    • ►Xaneiro
      • A Favorita (The Favourite, Yorgos Lanthimos, 2018): Lanthimos íspese de si mesmo e ponse roupa de época
      • Zwift, xogando dende a bicicleta
      • The Preposterous Awesomeness of Everything: O absurda e molona que é a existencia... en forma de aventura gráfica
      • O Que Esconde Silver Lake (David Robert Mitchell, 2018): No canto de agochar, amosa moita subcultura
      • Brutal Blues: BB. Grind, jazz e dous noruegueses amantes do ruído
  • ►2018
    • ►Decembro
      • Ghost Dance: Dentro da mente de David Lynch a través dun videoxogo
      • Papers, Please: A sorprendente diversión de ser un axente de fronteiras
      • Suspiria (Luca Guadagnino, 2018): Dioivo de sangue para a primeira nai
      • Kidding: A serie que nos fai pensar na felicidade da traxedia
      • Crónicas de Cineuropa: Terceira semana
    • ►Novembro
      • Silvio e os Outros (Loro, Paolo Sorrentino, 2018): Silvio, Toni e Paolo
      • Kursk: Angustia submarina (e premio a Morris)
      • Oiktos (Babis Makridis, 2018): Comezamos a falar dunha vez da Onda Rara Grega?
      • O nazi era o seu cavalo: 'Waldheims Walzer' (Ruth Beckermann, 2018)
      • Fútbol Infinito (Fotbal Infinit, Corneliu Porumboiu, 2018): Deconstruíndo o fútbol e a un señor cunha idea moi fixa
      • Coincoin Contra Os Extraterrestres (Coincoin et les z'Inhumains, Bruno Dumont, 2018): Calais, aliens e posthumor
      • Hamada (Eloy Domínguez Serén, 2018): A consecuente importancia do Sáhara
      • Crónicas de Cineuropa: Segunda semana
      • Os Informes sobre Sarah e Saleem (The Reports on Sarah and Saleem, Muayad Alayan, 2018): A Sorpresa de Cineuropa
      • Atardecer (Napszállta, László Nemes, 2018): Narrativa de calugas e Art Nouveau en Budapest
      • A Carga (Teret, Ognjen Glavonić, 2018): A carga é dramática, persoal e universal
      • Doubles Vies (Olivier Assayas, 2018): Dobre de luces do prototipo francés
      • Trote (Xacio Baño, 2018): Á présa, pero paseniño
      • Crónicas de Cineuropa: Primeira Semana
      • O Desafío do Sil (Domingo Díaz Docampo, 2018): Desafío para o río, mais non tanto para os que o construíron
      • Nazidanie (Aleksandr Sheyn, Boris Yukhananov, 2017): De Zidane, Materazzi e o pensamento máxico
      • High Life (Claire Denis, 2018): No espazo ninguén pode escoitar a túa pretenciosidade
      • O Estudo da obra de Hegel como antiterápia: SPK Komplex (Gerd Kroske, 2018)
      • A RFG musicando O Gabinete do Dr. Caligari (Das Cabinet des Dr. Caligari, Robert Wiene, 1920): Concerto especial de Cineuropa
      • A Casa De Jack (The House That Jack Built, Lars von Trier, 2018): Demasiada pretensión para tan pouco cimento
      • Utoya, 22 de Xullo (Utøya 22. Juli, Erik Poppe, 2018): Un falso plano secuencia para un suceso demasiado real
      • Marlina, Asasina en Catro Actos (Marlina Si Pembunuh Dalam Empat Babak, Mouly Surya, 2017): Violación, vinganza e sororidade
      • Verán (Leto, Kirill Serebrennikov, 2018): Rockeiros de Leningrado
      • Historia de Amor (Zgodovina Ljubezni, Sonja Prosenc, 2018): Máis amor que historia
      • Ao Deserto (Al Desierto, Ulises Rosell, 2017): Patagonia, novo escenario para a ozploitation
      • Entre Dúas Augas (Entre Dos Aguas, Isaki Lacuesta, 2018): Análise tendo vista A Lenda do Tempo
      • Entre Dúas Augas (Entre Dos Aguas, Isaki Lacuesta, 2018): Análise sen saber ren de A Lenda do Tempo
      • A Noite de 12 Anos (La Noche de 12 Años, Álvaro Brechner, 2018): Tres homes e unha realidade horrible
      • Edición 1 do Galician Freaky Film Festival: Os días nos que Dinoseto non foi o máis estrano de Vigo
    • ►Outubro
      • Pokemon Go, despois do boom inicial
      • Climax: Unha festa máis na vida e obra de Gaspar Noé
      • Mutantes: Cando o subterráneo tamén vén a nós
      • Busca a Vida: A serie de culto que cambiou (ou non) as sitcoms americanas
    • ►Setembro
      • WOS 2018: Vangarda, Electrónica, Ambient e Compostela (2/2)
      • WOS 2018: Vangarda, Electrónica, Ambient e Compostela (1/2)
    • ►Agosto
      • Gamescom 2018: Unha viaxe ao centro do mundo gaming
      • (Des)encanto: Matt Groening, fantasía e unha esperanza
      • R.U.R.: A orixe teatral da palabra robot... e do medo a que nos quiten o traballo
      • Sonic Boom: Fire & Ice, a síndrome da segunda parte
      • Kanekas IX: Metal en Cangas baixo a lúa de sangue
    • ►Xullo
      • Azure Striker Gunvolt, um Mega Man de alta voltagem
      • O díptico Resolution/The Endless (Justin Benson, Aaron Moorhead, 2012/2017): crack, sectas e o insondable.
      • A Vía Láctea (La Voie Lactée, 1969): Cando Buñuel fixo seu o Camiño de Santiago
    • ►Xuño
      • A Estación Violenta: madurez incomprendida
      • Shellac + Decibelles (Playa Club, Acrunha 06/06/2018)
    • ►Maio
      • Dhogs: Un home coello, cinema independente e reflexións sobre a violencia
      • The Binding of Isaac Afterbirth+ recibe o seu pack de contido final
    • ►Abril
      • The Stanley Parable, a reflexión feita videoxogo
      • South Park: The Fractured But Whole, o TRPG máis tolo nunca feito
      • O futuro que está por chegar: a humanidade segundo Cordwainer Smith
    • ►Marzo
      • Que a terra che sexa leve, Stephen Hawking. Recopilamos as súas grandes aparicións en series e filmes
      • Rural horror storis: cutre, enxebre e macarra.
      • Mulleres bravas do anime para o 8 de marzo
      • 8 músicas pro 8 de marzo
      • Saga: A normalización da igualdade
      • A Morte e a Vida de Marsha P. Johnson: Activismo transxénero a pé de rúa
    • ►Febreiro
      • O Son Goku adolescente ianki con problemas, o Son Goku saltarín taiwanés e o Son Goku engominado koreano: As adaptacións cinematográficas de Dragon Ball
      • A batalla por As bolas do Dragón en galego
      • Unha cruz vermella no chan: Cabodano da morte de Claudio Guerín en Noia
      • A Campá do Inferno: Cabodano da morte de Claudio Guerín en Noia
      • Lovers in a Dangerous Spacetime: navega polo espazo cos colegas
      • Galegos Ilustres da Subcultura: Antonio Casal, d'O Home que se Quixo Matar á Torre dos 7 Corcovados
      • Loving Vincent: Cando o cinema é unha verdade a 12 óleos por segundo.
    • ►Xaneiro
      • Kalte Sonne: Ekumen. O frío sol lucense que ilumina o post-metal
      • Ficciónate: cinema galego, comunidade e unha mesa de té
      • Doki Doki Literature Club!: O xogo é gratuito. O psicólogo non
      • Slayaway Camp: Cando Jason Voorhees xogou ao Minecraft. En forma de puzzle.
      • Malcolm: A oda xuvenil á disfuncionalidade familiar
      • Por que Mass Effect: Andromeda é un xogo excelente?
  • ►2017
    • ►Decembro
      • Corazóns mortos, a curta.
      • O cinema freak galego toma Vigo: Visitamos a Edición 0 do Galician Freaky Film Festival
      • Star Wars: As Derradeiras Jedi. Aliens cuquis, boas batallas e serie B de alto presuposto
      • Kyloki, unha webserie sobre Loki e Kylo Ren
      • Brigsby Bear: Escenarios de cartón, secuestros e un filme que sacar adiante
      • O Sacrificio do Cervo Sagrado: A maldición da familia burguesa
      • Jeanette: Xoana de Arco, metal e a maxia do feísmo cinematográfico
      • Decisións e partidas: do xadrez aos videoxogos
    • ►Novembro
      • Dagon: Cando Lovecraft chegou a Combarro e Paco Rabal cantou a Rianxeira
      • Crónicas de Cineuropa: Lucky
      • Crónicas de Cineuropa 2017, Película Sorpresa: Wind River
      • Crónicas de Cineuropa 2017: O Estranho Caso de Ezequiel
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Adiós Entusiasmo
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Carnívora
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Caballo de Viento
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Entre A Onda E A Rocha
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Out Of Love
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Meu Amigo Dahmer (a 6 mans)
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Un Sol Interior
      • Crónicas de Cineuropa 2017: O Equilibrio dos Opostos
      • Crónicas de Cineuropa 2017: El Otro Hermano (Israel Adrián Caetano, 2017)
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Vigo 1972
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Tesnota
      • “Querido H.P. Lovecraft”: empréstasme unha pouca fantasía?
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Jeune Femme (Montparnasse Bienvenue)
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Thelma (Joachim Trier, 2017)
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Somos Plaga
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Paraíso Roubado
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Los Cuerpos Dóciles
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Concerto da Real Filharmonía de Galicia
      • Crónicas de Cineuropa 2017: Á Annan Veg
    • ►Outubro
      • The Living and the Dead: fantasmagoría para o día de Santos
      • Gaza Surf Club: a esperanza entre o mar e a guerra
      • 8 teorias sobre o que nos vai traer a segunda tempada de Stranger Things
      • Filmin, aluméame: "Fou d'amour", de predica-lo amor e perde-la cabeza
      • Life is Strange: un xogo sobre como manipular o tempo (para salvar á muller que amas)
      • O Videoxogo de Franz Kafka: Unha metamorfose fallida
      • O Xogo de Stranger Things: Promoción a base de retrogaming de calidade
    • ►Setembro
      • Bullshot. Demostrando que os shooters molan máis en galego.
      • Os 5 días de vangarda que vivín no WOS Inc 2017
    • ►Agosto
      • Okja: Churrasco a medio asar
      • Dream Daddy, ou como facer un Dating Sim lovecraftiano
      • South Park: O Pau da Verdade. Épica, combates por turnos e Chimpokomon
      • Ichi The Killer: do manga ao cinema a través do sadomasoquismo
      • Quén Anda Aí? A Cousa. O enigma de outro mundo que infectou todo tipo de subcultura popular
      • Pandemic Legacy ou como crear experiencias de xogo significativas
    • ►Xullo
      • A saga canónica de Kickboxer: De Kurt Sloan a un tipo que leu no periódico a morte do seu irmán
      • A Bird Story: Tiña un paxariño moi bonito...
      • George A. Romero, D.E.P.
      • Colosal: Empoderamento, alcoholismo e a destrucción de Seúl
      • Música marciana. 9 temas de outro planeta.
      • Maniac: Joe Spinell e William Lustig contra Elijah Wood e Franck Khalfoun
    • ►Xuño
      • Mother Russia Bleeds: A Agulla e o Martelo
      • Déixame Saír: Con T de terror, té e terapia
      • Celebramos o 33º aniversario do Tetris coas mellores versións da súa famosa melodía.
      • Broforce: Testosterona, macarrismo e píxeles
    • ►Maio
      • 1976: O mellor ano da historia do cinema
      • Beauty and The Beast (Bill Condon, 2017)
      • Salad Fingers: Flash, cousas oxidadas e terror surrealista
      • Fomos ao Galicia Metalhead Fest. E esto é o que vimos.
      • IV Mostra de Cinema Escuro, Maldito e de Culto de Exhumed Movies
    • ►Abril
      • Fahrenheit 451: Lumes por San Xurxo
      • 9 Temas de Música Lovecraftiana
      • Thimbleweed Park: Quén matou a Laura Palmer en Maniac Mansion?
      • Crú: Francia caníbal (fai un soleil de carallo)
    • ►Marzo
      • Stalaggh/Gulaggh: Horror sónico, misantropía e psiquiátricos
      • Criando Ratas: os quinquis xa non son o que eran
      • Loom: Pixel art antes do pixel art
Contáctanos
  • E-mail:
    info@mola.gal

Atópanos en:

FacebookTwitterInstagram
Axúdanos!
Mola!
Mola! A subcultura en galego.
Editado en Compostela polo Colectivo Mola dende 2017.
ISSN 2603-8781
  • Contacto
  • Política de privacidade
  • Cookies
Menu footer
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de uso. Entendemos que, se segues a navegar, aceptas o seu uso.Aceptar Ler máis